Saturday 18 de May de 2024

O concurso de humor gráfico, promovido pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, contempla nesta edición 5000 € en premios



O vindeiro luns pecha o prazo para presentar debuxos aos “Curuxa do Humor” do Museo do Humor de Fene

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes do vindeiro luns 30 de maio ás 14.00 horas ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Avda. do Concello, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7×42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Os traballos poderán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado (debendo achegar neste caso o/a autor/a, xunto coa documentación requerida nas Bases, a traducción ao galego do texto). Tamén se admitirán traballos de humor mudo.
As obras enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso de humor gráfico Curuxa 2016”, amais da categoría na que concursa. No interior deste primeiro sobre irá a obra (sólo identificada no reverso e a lápis co DNI do/a autor/a e o lema/seudónimo co que se presenta ao concurso) e un segundo sobre máis pequeno (tamén pechado) no que se especificará a categoría na que concursa (Curuxa Gráfica ou Curuxa Nova), o título da obra e o lema/pseudónico co que participa. No interior deste segundo sobre (plica) incluirase unha copia do DNI e datos de contacto (enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico),un breve currículo e unha declaración responsable expresa de que a obra presentada é da súa autoria, inédita e orixinal. Tamén se achegará neste mesmo sobre un certificado de titularidade da conta bancaria na que, de recibir algún dos premios, quere que se lle faga o pagamento. No caso dos concursantes menores de idade, amais desta documentación xeral, deberán aportar unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor legal así como a súa autorización escrita para participar no concurso.
O fallo do Xurado deste XX Concurso “Curuxa do Humor” darase a coñecer no último trimestre deste ano. Formarán parte do xurado o alcalde de Fene, a concelleira de Cultura e Ensino e tres humoristas gráficos ou expertos en humor gráfico nomeados polo Concello de Fene. Segundo se establece nas bases, as persoas que resulten premiadas “comprométense a recoller o premio na gala que a estes efectos programe o Museo do Humor.